Coñece nosa historia e evolución
O 21 de maio de 1987, pola unión de 7 profesionais expertos nos diversos campos do asesoramento de empresas e particulares constitúese na vila de Xinzo de Limia a asesoría XIAMA, dando lugar a un feito histórico pois dita constitución foi a primeira escritura notarial que se outorgou e protocolizó en idioma galego. Deixando claro desde o primeiro momento o noso interese no desenvolvemento e innovación da nosa terra.

Segregación das oficinas
No seu nacemento implantamos oficinas en Xinzo de Limia, Allariz e Maceda, de aí o seu nome XI-A- MA, dando servizo a máis de 24 concellos da zona centro da provincia, o que supón un terzo da mesma.
O éxito alcanzado pola nosa forma de negocio e o seu incipiente crecemento dá lugar á segregación das oficinas, a finais de 1997, creándose novas entidades totalmente independentes e manténdose a matriz na localidade de Xinzo de Limia, coa seguridade de mellorar a atención e o servizo aos nosos clientes.
Novas instalacións
O 20 de setembro de 2020 inauguráronse nosas actuais oficinas, unhas instalaciónes máis sostibles perfectamente equipadas coas máis modernas tecnoloxías, deseñadas para proporcionar a mellor calidade aos nosos clientes, desde onde xestionamos a máis de 2.000 persoas físicas e xurídicas en todo o territorio estatal e peninsular: particulares, sociedades, asociacións, comunidades, concellos, organismos, pequenas, medianas e grandes empresas, etc.
