Aportamos valor engadido o teu negocio

Ofrecemos xestión unificadamaior beneficio. Os nosos clientes gozan dunha atención personalizada e individualizada, ademais dun servizo de información que os mantén ao corrente das últimas novidades que lles poidan afectar.

Traballo en equipo

Solucións integrais e un servizo de calidade comprometidos en garantirlle as mellores prestacións e servizos.

Solvencia e experiencia

Aválanos unha dilatada traxectoria desde 1987, acumulando unha ampla experiencia en todos os ámbitos relacionados coa asesoría e xestión de empresas.

Asesores especializados

Un equipo humano formado por verdadeiros especialistas e expertos en finanzas (contabilidade, fiscal, etc.), laboral e seguros a nivel xeral.

Screenshot

Unha ampla carteira de servizos para cubrir todas as túas necesidades.

Os nosos servizos abarcan ámbitos tan dispares como seguros, impostos, nóminas, contabilidade, finanzas, comunidades, subvencións, etc.

Coñece un pouco máis sobre eles.

Asesoría de empresas Seguros Comunidades

Programa
BONO CONSOLIDA ECONOMÍA SOCIAL

Operación subvencionada pola Consellería de Emprego e Igualdade e financiada polo Servicio Público de Emprego Estatal.

A que esperas? Contacta xa connosco

Contactar

Dende maio do 2025, coincidindo co noso 38 aniversario, Xiama pasa a denominarse XIASGAL


Este cambio débese exclusivamente a marcar un punto de inflexión na historia da nosa empresa, que foi creada no 1987 en Xinzo de Limia, establecendo oficinas tamén en Allariz e Maceda, que no ano 1998 quedaron segregadas.

Dende entón a nosa firma ten só unha única sede aberta, a de Xinzo de Limia, e polo tanto as oficinas que utilizan o noso nome tanto en Allariz, como Maceda ou Bande, nada teñen que ver con nós.

Todo isto deu lugar a certa confusión. Hoxe a nosa empresa evolucionou ata converterse nun líder de referencia. Cambiamos radicalmente o noso modelo de negocio e a nosa oferta de servizos, afrontando o futuro como unha empresa do mañá sen renunciar a experiencia e o saber facer de máis de 35 anos. Combinamos as novas tecnoloxías cos métodos de sempre, obtendo a maior eficacia e seguridade.

A colaboración cos nosos clientes permítenos consolidar os seus negocios e mellorar a súa rendibilidade, converténdonos nun socio fiable que aporta un verdadeiro valor engadido. O cambio de nome non é, polo tanto, unha mera operación de marketing.

É a oportunidade de definir as nosas aspiracións, confirmando a nosa imaxe de empresa moderna, profesional e competente, así como o noso recoñecemento como expertos de referencia no mundo da consultaría e o asesoramento. Pretendemos que XIASGAL sexa a identidade dun proxecto máis evolucionado e mellorado avalado polos nosos profesionais de sempre.

Pechar aviso